A cafetería e restaurante do centro permanece aberta no mesmo horario que o resto de instalacións.

A nosa cafetería é ideal tanto para almorzos, o aperitivo do mediodía, comidas, café da tarde, etc. Ofrecemos un menú do día a un prezo moi accesible (7.50) cunha variada oferta.

Tamén organizamos comidas de empresa, adaptando os nosos menús ás súas necesidades. Contamos cunha longa experiencia na organización deste tipo de eventos polo que nos pode confiar todo tipo de aperitivos, comidas, ceas, etc.