Actividades permanentes

  • Clases de galego (permiten a obtención do título oficial)
  • Clases de gaita e de baile
  • Grupo de Teatro
  • Clases de Manualidades
  • Exposicións e Conferencias.

Celebracións máis destacadas

«DÍA DE GALICIA EN MADRID», co espectacular encontro de bandas de gaitas. A primeira edición destes Encontros, tivo lugar en 1998 e o segundo en 1999. Trátase dunha das celebracións máis relevantes de Galicia para o pobo de Madrid. Inclúe Misa Pontifical na Real Catedral da Almudena, desfile de todas as bandas de gaitas poas principais rúas, cruzando a Puerta del Sol ata a Plaza Mayor, onde ten lugar un impresionante festival folklórico no que participan medio centenar de bandas de gaitas.

  • FESTA DO ENTROIDO
  • FESTA DO MAGOSTO
  • SEMANA DAS LETRAS GALEGAS