As orixes deste Centro Gallego remóntanse ás seguintes Asociacións:
- A «COFRADÍA DE NATURALES Y ORIGINARIOS DE GALICIA» que, en 1741, dirixía como Consiliario, D. Bartolome Rajoy Losada, ilustre avogado, quen chegou a ser un dos Arcebispos máis famosos de Compostela, promotor da construción do Pazo de Raxoi, actual sede do Concello e da Presidencia da Xunta.
- «GALICIA CULTURAL» que, en 1870, presidía D. Teodoro Vesteiro Torres, prestixioso escritor e compositor.

Banda de gaitas do centro
Creación do Centro Gallego
A súa acta fundacional asinouse en novembro de 1892, se ben foi en 1893 cando se celebrou no Teatro da Comedia o acto público de presentación do Centro Gallego de Madrid, acto que presidiu D. Manuel Becerra, Ministro da Coroa, acompañado do doctor Rodríguez Carracido, Reitor da Universidad Central (primeiro presidente do Centro que, en breve prazo, foi substituído por Alfredo Viceto, director de El Globo, tamén presente no acto) e, entre outros ilustres persoeiros, o poeta Manuel Curros Enriquez, que leu a súa oda titulada «Na apertura do Centro Galego de Madrid».
Personeiros do centro
Galería de presidentes
Os máis significados presidentes do Centro e outros que marcaron unha época de longa permanencia no cargo, son os seguintes:
- AUGUSTO GONZÁLEZ BESADA. Chegou a ser Ministro de Facenda, da Gobernación e do Comercio. Tamén foi Presidente do Congreso. A título póstumo, outorgóuselle o título de Marqués de González Besada.
- EMILIA PARDO BAZÁN, Condesa de Pardo Bazán. Para moitos coñecedores, a máis prestixiosa escritora nacida en Galicia. Se ben presidiu actos no Centro Gallego, fíxoo en condición de Presidenta da «Casa de Galicia», que logo se fusionou co Centro.
- ANTONIO PALACIOS. Arquitecto. Construiu algúns dos edificios máis belos de Madrid.
- BASILIO ÁLVAREZ RODRÍGUEZ. Periodista e político que acadou escano de Deputado.
- RAMÓN SUÁREZ PICALLO. Escritor yepolítico con Acta de deputado.
- MANUEL CASTRO GIL. O máis destacado artista da augaforte.
- CONSTANTINO LOBO MONTERO. Xeneral do Exército
Presentación no centro gallego
Efemérides do Centro
- Ano 1984: Medalla da Cruz Vermella Española (pola súa colaboración, durante máis de 30 anos, na custeo anual.
- Ano 1893 (27/3): Presentación en sociedade.
- Ano 1892 (Novembro): Sinatura da acta fundacional.
- Ano 1971: Medalla de Prata ao Mérito Turístico (pola promoción do Camiño de Santiago)
- Ano 1970: Declarado: «Entidade de Utilidade Pública»